Entradas

SAÍDAS

13. VIDEO MENSAXE

Imagen
https://youtu.be/JQW5DAyGd74 "Paula: Penso que tanto eu como a miña compañeira dende o inicio afrontamos este traballo como unha meta que nos proporcionaría unha formación fundamental no noso futuro como persoas e como docentes.   Uxía: Eu avaliaríame dunha maneira positiva, poñeríame un 9 sobre 10 posto que lle dediquei tempo, ganas e esforzo á actividade; tamén me abrín e expresei a miña opinión abertamente de forma construtiva e crítica nos ensaios co fin de para intentar mellorar o funcionamento da educación (e en relación ás TIC) e intentei realizar as actividades do mellor xeito posibel.   Paula: Eu considero que me organicei bastante ben para ir sacando adiante as actividades requeridas ademais de superar os distintos obstáculos que me xurdiron no camiño, e é por iso que comparto a calificación da miña compañeira."

12. Os edublogues na aula.

Imagen
  Os edublogues na aula. INTRODUCCIÓN Hoxe en día é imprescindible facer uso da tecnoloxía nos centros educativos. Xa non só a nivel facilitativo senón que tamén para preparar ao alumnado para un futuro que sen dúbida alcanzará un notable progreso neste senso. Ao pensar nas Tics educativas é probable que todos e cada un de nós esteamos a imaxinar aparellos informáticos e  pizarras dixitais sen embargo, a docencia conta con múltiples programas e espazos destinadas ao fomento da aprendizaxe escolar. Hoxe imos falar dos edublogues, ocos virtuais (weblogs) cuxa finalidade e apoiar a relación ensino-aprendizaxe. DESENVOLVEMENTO Tal e como se adiantaba os edublogues son unha ferramenta fundamental de apoio no ensino do alumnado. Un medio a través do cal o docente conta coa posibilidade de ofrecer múltiples variantes didácticas que enriquezan a intelectualidade do estudiantado e, a través do cal os estudantes poden acceder a diversas informacións e actividades que apoien os contidos ...

10. REALIDADE AUMENTADA

Imagen
  a) A Realidade Aumentada apela ao conxunto de tecnoloxías que nos permiten crear unha visión real dos obxectos fisicos a través dun aparello tecnolóxico. Noutras palabras, a realidade aumentada permitenos aos usuarios interactuar e observar elementos en directo e como se fosen reais. b)  Nos nosos días son moitas as apps que nos permiten facer un uso da Realidade Aumentada. Algunhas delas (moi empregadas na educación)  son por exemplo Layar,Aurasma, Quiver ou ZooKazam .  c)  Este apartado resulta un pouco díficil xa que requeriría da analise de páxinas webs educativas de xeito aleatorio e, non son moitas aulas que fagan un uso comun de aplicaciones de Realidade Aumentada. Aínda así e certo que no colexio Carlos V de Águilas en Murcia si se fixo un uso destas aplicacións. Neste caso foron os alumnos de 1ESO quenes traballaron os contidos interestelares a través de actividades prácticas en dimensóns reais. Tamén o centro educativo Cruz de Piedra de Jumilla pon e...

5. PRAIA DE RAZO

Imagen
PRAIA DE RAZO  Esta é a praia de Razo, pertence á Costa da Morte e atópase no concello de Carballo. De verán é a mellor praia da Galiza para facer surf e tamén, coas súas augas cristalinas, será un paraíso único para pasar un bo día ao sol en fronte do mar. Un sitio espléndido para levar o teu alumnado a aprender da e coa natureza; anímate!  

Análise dos edublogues na formación inicial do profesorado

Imagen