12. Os edublogues na aula.

 Os edublogues na aula.

INTRODUCCIÓN

Hoxe en día é imprescindible facer uso da tecnoloxía nos centros educativos. Xa non só a nivel facilitativo senón que tamén para preparar ao alumnado para un futuro que sen dúbida alcanzará un notable progreso neste senso. Ao pensar nas Tics educativas é probable que todos e cada un de nós esteamos a imaxinar aparellos informáticos e  pizarras dixitais sen embargo, a docencia conta con múltiples programas e espazos destinadas ao fomento da aprendizaxe escolar. Hoxe imos falar dos edublogues, ocos virtuais (weblogs) cuxa finalidade e apoiar a relación ensino-aprendizaxe.

DESENVOLVEMENTO

Tal e como se adiantaba os edublogues son unha ferramenta fundamental de apoio no ensino do alumnado. Un medio a través do cal o docente conta coa posibilidade de ofrecer múltiples variantes didácticas que enriquezan a intelectualidade do estudiantado e, a través do cal os estudantes poden acceder a diversas informacións e actividades que apoien os contidos xa interiorizados previamente.

Como nos podemos decatar calquera ferramenta, medio ou instrumento que sexa de gran utilidade en calquer profesión debe estruturarse e organizarse dun xeito óptimo para garantir o seu correcto funcionamento, pois de non ser así reduciranse notablemente os seus efectos positivos. Deste xeito, é moi importante ter en conta a estrutura que aportemos aos nos blogues educativos.

Sería relevante organizar o contido secuencialmente de xeito que sexa doado atopar a información que precisamos no mesmo intre e, por conseguinte sería propio crear unha entrada que posibilite a busca dentro do mesmo blogue por térmos,datas ou contidos. Moi importante tamén garantizar unha orde cronolóxica das publicacións (non tería sentido mesturar as publicacións relacionadas co tema 1 coas do tema  4 ,por exemplo.)

Se nos adentramos máis tamén nos decataremos da labor docente neste senso pois é a figura do mestre a encargada de guiar e fomentar o uso do blogue para iso debese contribuír a creación de espazos de comunicación e debate abertos e comúns no blogue. Garantindo o respecto ideolóxico entre todos os integrantes.

No senso máis externo os edublogues tamén teñen unha función escaparatista deste modo as nosas actividades, a nosa labor educativa como docentes e as metodoloxías empregadas poderán chegar a oídos de moitas familias e que así se inclinen ou non por ser a escolla como educadores dos seus fillos/as. É por iso que a través dos edublogues tamén estamos a transmitir unha imaxe do que se ensina e especialmente de como se ensina.

CONCLUSIÓN

A modo de conclusión debemos ser conscientes de que este tipo de ferramentas que o mundo informáticos nos proporciona fomenta e mellora a labor educativa sempre e cando se faga un uso correcto das mesmas. Os edublogues así como moitos outros medios tecnolóxicos ofrecen a posibilidade de desenvolver e innovar metodoloxías que complementen o formato tradicional de aprendizaxe e deste modo conseguir unha formación avanzada e completa do noso estudiantado.

Anexo I

Algúns edublogues interesantes:

Imaxe capturada do Colexio da Asunción en Sarria

Imaxe capturada do Ceip Asturias


Comentarios