3. OS EDUBLOGUES
Que é un edublogue? Para que serve?
Blogue empregado en exclusivo con fins educativos por mestres e/ou alumnado e cuxo obxectivo é realizar un proceso de ensinanza-aprendizaxe educativo. Son unha ferramenta moi empregada nos últimos tempos pois acerca a escola ao cambio metodolóxico e tecnolóxico da sociedade. Tamén sirve para manter o contacto fora da aula do alumno e o mestre e para que os primeiros realicen actividades diferentes ás convencionais de xeito autónomo; tamén será un xeito doado de compartir información entre o alumnado, para manterse en contacto cos pais e nais...
Que tipos de ferramentas ou programas podemos empregar para a creación dun blogue?
- RSS Reader.
- Creative Commons.
- Google Keyword Tool.
- Encuestas de LinkedIn.
- iMovie o Windows Movie Maker.
- Drae.
Cales serían os usos dos blogues nunha pedagoxía constructivista.
Ao falarmos dunha pedagoxía constructivista precisamos ter consciencia da necesidade de aportarlles ao noso alumnado os medios e instrumentos necesarios para maximizar toda a súa potencialidade. Deste xeito, nós como futuras mestras debemos adquirir ferramentas que nos axuden a desenvolver o noso traballo de educadoras, instructoras, guías e, en definitiva mestras. Por iso, e máis nos nosos días apoiarnos na tecnoloxía é fundamental.
A axuda que podemos atopar nos blogues abrangue dende un rango informativo tanto para as familias coma para o propio estudiantado, un rango de apoio didáctico onde dispor de exercicios extraescolares ata un rango visual no senso de amosar as actividades impartidas dende o centro.
Subir as actividades que realizaramos nas clases, imaxes das excursións, avisos para a familia, crebacabezas para o tempo libre ou mesmo crear xogos paralelos na clase que se puidesen seguir mediante o blogue, serían algunhas dos recursos que nos levaríamos a cabo a través do noso blogue.
Comentarios
Publicar un comentario